Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Mércores, 16 de xaneiro de 2013 Páx. 1286

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 do Carballiño

EDICTO (305/2009).

Eugenio Argibay Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 do Carballiño, dou fe e testemuño que neste xulgado se seguen autos de xuízo ordinario 305/2009 por instancia de Flavia Rejany Vieira Costa e Gilberto Manuel Pereira contra Jaime Ernesto Fernández, en cuxas actuacións se ditou sentenza cuxo encabezamento e ditame son do teor literal seguinte:

«Sentenza 76/2012.

No Carballiño, 11 de setembro de 2012.

Vistos por min, Ana María Gómez Bande, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 do Carballiño, os presentes autos de xuízo ordinario seguidos ante este xulgado baixo o número 305 do ano 2009, por instancia do procurador Sr. García López en nome e representación de Flavia Rejany Vieira Costa e de Gilberto Manuel Pereira, asistido do letrado Sr. Lorenzo Lage, contra Jaime Ernesto Fernández, en situación de rebeldía procesual, constando nas actuacións as súas circunstancias persoais.

Decido estimar a demanda interposta polo Sr. García López en nome e representación de Flavia Rejany Vieira Costa e de Gilberto Manuel Pereira, asistido do letrado Sr. Lorenzo Lage, contra Jaime Ernesto Fernández, en situación de rebeldía procesual, declaro os demandantes como lexítimos titulares dos vehículos motocicleta marca Suzuki, modelo UH 200, matrícula 4692GDV, número de bastidor VTTCD111100109661, e turismo marca Peugeot, 308, 5 p., Premium MVT, matrícula 1840GFS, número de bastidor VF34C5FWC55136957, e condeno o demandado á entrega dos devanditos vehículos con imposición de custas procesuais, todo iso con imposición de custas á demandada.

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe recurso de apelación que, se é o caso, deberá interpoñerse ante este mesmo xulgado dentro dos vinte días seguintes a aquel en que se notifique esta resolución, debendo consignar na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, no momento da súa interposición, a cantidade de 50 euros en concepto de depósito, para a súa admisión.

Lévese o orixinal ao libro de sentenzas.

Por esta a miña sentenza, da que se expedirá testemuño para incorporalo ás actuacións, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Así por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Jaime Ernesto Fernández, en ignorado paradoiro, expido, selo e asino a presente. Dou fe.

O Carballiño, 14 de setembro de 2012

O secretario