Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Mércores, 16 de xaneiro de 2013 Páx. 1288

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (781/2010).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que por resolución ditada o día 20.12.2012, no proceso seguido por instancia de María José García Guiance contra Inxenia Gestión Integral de Proyectos y Servicios, S.L. e o Fogasa en reclamación por salarios, rexistrouse co nº 781/2010 e acordouse notificar a Inxenia Gestión Integral de Proyectos y Servicios, S.L., a parte resolutiva de sentenza seguinte:

«Decido que, considerando a demanda interposta por María José García Guiance contra a empresa Inxenia, Xestión Integral de Proxectos y Servicios, S.L.U., condénoa a que lle aboe a cantidade de sete mil setecentos setenta e tres euros e doce céntimos (7.773,12 €), incrementada co xuro por demora do 10 %.

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme, e que contra ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución. De ser recorrente a empresa demandada, deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado do comprobante de ter depositado a cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado, aberta no Banesto. A consignación en metálico pódese substituír polo aseguramento mediante aval bancario, na cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista, e débese acreditar tamén na indicada conta a consignación da suma de 300 euros preceptiva para recorrer; sen cumprir este requisito non se terá por anunciado o recurso.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nas dependencias deste xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Inxenia Gestión Integral de Proyectos y Servicios, S.L. en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 26 de decembro de 2012

A secretaria xudicial