Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Mércores, 16 de xaneiro de 2013 Páx. 1289

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (91/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Social número 2 da Coruña, fago saber que por resolución ditada o día 16.4.2012 no proceso seguido por instancia de José Roberto España Castro contra Mutua Asepeyo, o INSS, a TXSS, e a empresa Construnor Estructuras, S.L., en reclamación por seguridade social, rexistrouse co número 91/2011 e acordouse notificar á empresa Construnor Estructuras, S.L., a resolución de sentenza seguinte:

«Decido que, desestimando a demanda interposta por José Roberto España Castro contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua Asepeyo e a empresa Construnor Estructuras, S.L., debo absolver e absolvo as partes demandadas de todos os pedimentos desta.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que non é firme, e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación á empresa Construnor Estructuras, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 27 de decembro de 2012

A secretaria xudicial