Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Mércores, 16 de xaneiro de 2013 Páx. 1290

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (1004/2010).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 1004/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Gumersindo González Villamarín, José Antonio Ponte Duarte, César Manuel Esmorís García, Francisco José Narciandi da Silva, Joaquín Manuel Chico Gallardo, Juan Carlos García Durán contra a empresa Perforaciones y Excavaciones del Noroeste, S.L., Fogasa, Excavaciones Coruña, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

A Coruña, 19 de decembro de 2012.

Carlos Villarino Moure, maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número 3 da Coruña tras ter visto os presentes autos sobre ordinario entre partes, dunha e como demandantes Gumersindo González Villamarín, José Antonio Ponte Duarte, César Manuel Esmorís García, Francisco José Narciandi da Silva, Joaquín Manuel Chico Gallardo e Juan Carlos García Durán que comparecen asistidos do licenciado Federico Novo Prego, e doutra como demandados Perforaciones y Excavaciones del Noroeste, S.L., Fogasa, e Excavaciones Coruña, S.L. que non comparecen

Decido.

Primeiro. Que estimando a demanda formulada por José Antonio Ponte Duarte, César Manuel Esmorís García, Gumersindo González Villamarín, Francisco José Narciandi da Silva y Joaquín Manuel Chico Gallardo contra las empresas Performaciones y Excavaciones del Noroeste, S.L. y Excavaciones Coruña, S.L. condeno solidariamente estas a aboarlles as cantidades que a seguir se relacionan en concepto de salarios:

José Antonio Ponte Duarte: 5.199,36 euros.

César M. Esmorís García: 5.199,36 euros.

Gumersindo González Villamarín: 6.151,16 euros.

Francisco Narciandi da Silva: 224,97 euros.

Joaquín Manuel Chico Gallardo: 3.919,08 euros.

Segundo. Desestimar a acción exercida por Juan Carlos García Durán.

Terceiro. O Fogasa deberá pasar pola presente sentenza nos termos do artigo 33 ET.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle realice a notificación. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, ou habentes causa seus, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en (Banesto 0030.1846) a nome deste xulgado co núm. 1533.0000.65.1004.10 acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co nº 1533.0000.60.1004.10 a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, achándose celebrando audiencia pública no día da data do que dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Perforaciones y Excavaciones del Noroeste, S.L., expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 27 de decembro de 2012

O secretario xudicial