Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Mércores, 16 de xaneiro de 2013 Páx. 1292

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (741/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que ante este xulgado se tramitan autos co número DSP 741/2012 por instancia de Juan Carlos Montero Iglesias, Juan Carlos Canabal Fernández e Víctor Vidueiro Núñez contra a empresa Transportes Josmaral, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, nos cales no día da data se ditou auto cuxa parte dispositiva di textualmente:

«Dispoño: ter por desistidos a Juan Carlos Montero Iglesias, Juan Carlos Canabal Fernández e Víctor Vidueiros Núñez da súa demanda fronte a Transportes Josmaral, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento.

Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme esta resolución.

Incorpórese o orixinal ao libro de autos, deixando certificación deste no procedemento da súa razón».

Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa demandada Empresa Transportes Josmaral, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado agás as que revistan forma de emprazamentos, sentenzas e autos, expido e asino o presente.

A Coruña, 26 de decembro de 2012

Encarnación Mercedes Tubío Lariño
Secretaria xudicial