Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Mércores, 16 de xaneiro de 2013 Páx. 1293

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (829/2012).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 829/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Fernández Gavino contra Galastur, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial sobre despedimento, ditouse sentenza cuxa resolución é a seguinte:

«Que, estimando a demanda interposta por José Manuel Fernández Gavino en autos 829/2012 sobre extinción do contrato e reclamación de cantidade contra a empresa Galastur Lugo, S.L., e contra o Fogasa, e que, estimando a demanda sobre despedimento en autos 939/2012, debo declarar e declaro extinguido no día da data o contrato de traballo que vinculaba as partes, e condeno a empresa demandada a aboar ao demandante unha indemnización equivalente a 14.193,94 euros, así mesmo debo declarar e declaro que o despedimento do demandante producido o 5 de outubro de 2012, constitúe un despedimento improcedente, e condeno a empresa demandada a aboar ao demandante a cantidade de 13.321,86 euros máis os xuros por demora, en concepto de salarios debidos. Absolvo o Fogasa sen prexuízo da ulterior responsabilidade que puidese alcanzalo nos casos legalmente previstos.

Notifíquese esta sentenza aos representantes legais das partes, coa advertencia de que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dentro dos cinco días seguintes ao da súa notificación, por conduto deste xulgado, ante o que deberá ser anunciado tal propósito mediante comparecencia ou por escrito e cos demais requisitos exixidos no artigo 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social.

E para que sirva de notificación en forma a Galastur, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente».

Lugo, 21 de decembro de 2012

O secretario xudicial