Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Mércores, 16 de xaneiro de 2013 Páx. 1294

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (711/2012).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 711/12 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Fernández García contra Toso Mariña, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, ditouse sentenza cuxa resolución é a seguinte:

Que, estimando a demanda interposta por Manuel Fernández García contra a empresa Toso Mariña, S.L. e contra o Fogasa, debo declarar e declaro improcedente o despedimento da demandante con efectos do 30 de xuño de 2012, e condeno a empresa demandada Toso Mariña, S.L., a que, no prazo de cinco días contados desde a notificación desta resolución, opte entre readmitir o demandante no seu posto de traballo ou indemnizalo pola extinción da relación laboral coa cantidade de 2.480,72 euros e, en caso de optar pola readmisión, a aboarlle ao traballador os salarios de tramitación en contía de 39,21 euros diarios, debendo poñer en coñecemento do xulgado no prazo antes dito, se opta ou non pola readmisión. Absolvo o Fogasa sen prexuízo da ulterior responsabilidade que puidese alcanzalo nos casos legalmente previstos.

Notifíquese esta sentenza aos representantes legais das partes, coa advertencia de que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dentro dos cinco días seguintes ao da súa notificación, por conduto deste xulgado, ante o que deberá ser anunciado tal propósito mediante comparecencia ou por escrito e cos demais requisitos exixidos no artigo 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social.

E para que sirva de notificación en forma a Toso Mariña, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente.

Lugo, 26 de decembro de 2012

O secretario xudicial