Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Mércores, 16 de xaneiro de 2013 Páx. 1283

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ourense

EDICTO (1149/2010).

No procedemento de referencia ditouse a sentenza do 19.11.2012 en que constan os parágrafos do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Na cidade de Ourense, 19 de novembro de 2012

Vistos por María del Pilar Domínguez Comesaña, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 dos desta cidade, os autos de xuízo ordinario nº 1149/2010 seguidos ante este xulgado por instancia da procuradora María Gloria Sánchez Izquierdo quen actúa baixo a dirección letrada de María Teresa Fernández Medievo, en representación de Banco Popular Español, S.A. contra Quijalde, S.L., en situación procesual de rebeldía. Versan os presentes autos sobre reclamación de cantidade.

Decido que, estimando a demanda presentada pola procuradora María Gloria Sánchez Izquierdo en representación de Banco Popular Español, S.A. contra Quijalde, S.L., condeno a devandita demandada a aboar á demandante a cantidade de 8.488,86 euros en concepto de liquidación da conta nº 06007687-53, así como a aboar o xuro de demora pactado. As custas impóñense á parte demandada.

Esta sentenza non é firme xa que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de vinte días contados desde o seguinte á súa notificación. O recurso debe presentarse ante este xulgado, con suxeición ao disposto no artigo 458 da LAC, acreditando a constitución do depósito de 50 euros a que se refire a disposición adicional décimo quinta de la LOPX.

Así por esta sentenza, pronúncioa, mándoa e asínoa».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Quijalde, S.L., expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Ourense, 20 de novembro de 2012