Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Mércores, 16 de xaneiro de 2013 Páx. 1281

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (895/2010).

No recurso de suplicación número 895/2010-S a que se refire o encabezamento, seguido ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanante dos autos 1113/2008 do Xulgado do Social número 1 da Coruña, promovidos por Manuel Blanco Parada contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e outros, sobre accidente de grao, con data do 18 de decembro de 2012, ditouse a resolución coa seguinte parte dispositiva:

«Que, con desestimación do recurso interposto por Manuel Blanco Parada, confirmamos a sentenza que con data do 4 de decembro de 2009 foi ditada en autos tramitados polo Xulgado do Social número 1 da Coruña, pola que se rexeitou a demanda formulada e se absolveu o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua Fremap e a empresa Cristalería Luada, S.L.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírtese a parte en ignorado paradoiro de que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma a Cristalería Luada, S.L., con último domicilio coñecido no polígono San José, nave nº 4, A Coruña, expido e asino este edicto.

A Coruña, 18 de decembro de 2012

A secretaria xudicial