Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Mércores, 16 de xaneiro de 2013 Páx. 1279

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3556/2009-CRS).

Nas actuacións de recurso de suplicación número 3556/2009-CRS a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dimanantes dos autos 158/2009 do Xulgado do Social número 3 de Vigo, promovidos por Pablo Ernesto Sierra contra Marsan Pinturas y Decoración, S.L., sobre reclamación de cantidade, ditouse a resolución coa seguinte parte dispositiva:

«Que, estimando en parte o recurso de suplicación interposto polo demandante Pablo Ernesto Sierra, debemos revogar e revogamos parcialmente a sentenza do 5 de maio de 2009, ditada polo Xulgado do Social número 3 de Vigo nos autos 158/2009, no único sentido de condenar a empresa demandada Marsans Pinturas y Decoración, S.L., ao aboamento da cantidade de catrocentos trinta e sete euros con trinta e cinco céntimos (437,35 euros) en concepto de liquidación, e mantemos os demais pronunciamentos do fallo da resolución impugnada.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta corrente desta sala nº 1552 0000 35 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza, que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírtese a parte en ignorado paradoiro de que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma a Marsan Pinturas y Decoración, S.L., con último domicilio coñecido na rúa Cesáreo González 1, Vigo (Pontevedra), expido e asino este edicto.

A Coruña, 20 de decembro de 2012

A secretaria xudicial