Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Martes, 15 de xaneiro de 2013 Páx. 1182

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 do Carballiño

EDICTO (110/2011).

Eugenio Argibay Fernández, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 do Carballiño, polo presente anuncio:

No presente procedemento ordinario seguido por instancia de C.X. Montes Veciñais Antasportas, A Vesada, As Costiñas, Feás fronte a Eliseo Janeiro Prado, Ignacio Casas Vidal, C.X. Montes Veciñais de Cardelle, José Cerdeira Otero, Antonio Cortes Dopeso, Aurea Rodríguez Dacasa, Antonio Dacasa Peña, María Prado Dacasa, Sinda Muradas Dacasa, José Peña Dacasa, Isolina Prado Domínguez, Manuel Cortizo Ruiz e Antonio Vázquez Peña, persoas ignoradas veciños comuneiros da Comunidade Xermánica de Montes Veciñais en Man Común de Cardelle, ditouse sentenza, cuxo tenor literal é o seguinte:

«Ditame:

Desestimar a demanda interposta polo procurador Sr. Rúa Sobrino, en nome e representación de Comunidade Xermánica de Montes Veciñais en Man Común dos Veciños de Antasportas, A Vesada, As Costiñas e Feás, asistidos do letrado Sr. Garriga Domínguez, e como demandada a Comunidade Xermánica de Montes Veciñais en Man Común de Cardelle, asistida do letrado Sr. Pulido Parga e representada polo procurador Sr. García López, e contra os veciños comuneiros que a integran José Cerdeira Otero, Antonio Cortes Dopeso, Antonio Vázquez Peña, Ignacio Casas Vidal, Aurea Rodríguez Dacasa, Antonio Dacasa Peña, María Prado Dacasa, Eliseo Janeiro Prado, Sinda Muradas Dacasa, José Peña Dacasa, Isolina Prado Domínguez e Manuel Cortizo Ruiz, en situación de rebeldía, con condena en custas á parte demandante.

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe recurso de apelación que, se é o caso, deberá interpoñerse ante este mesmo xulgado dentro dos vinte días seguintes a aquel en que se notifique esta resolución, logo de consignación, na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, do depósito establecido pola disposición adicional décimo quinta da LOPX.

Lévese o orixinal ao libro de sentenzas.

Por esta a miña sentenza, da que se expedirá testemuño para incorporalo ás actuacións, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E encontrándose o codemandado, persoas ignoradas veciños comuneiros da Comunidade Xermánica de Montes Veciñais en Man Común de Cardelle, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

O Carballiño, 14 de setembro de 2012

O secretario xudicial