Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Martes, 15 de xaneiro de 2013 Páx. 1180

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (704/2009).

Nos autos de xuízo ordinario 704/2009, seguidos neste xulgado por instancia de María Cielo Canitrot Janeiro, representada en autos polo procurador Sr. Fernández Pérez, contra Florentino Vieitez Pérez, incomparecido en autos e declarado en situación procesual de rebeldía, ditouse a seguinte resolución, cuxo encabezamento e ditame son do teor literal seguinte:

Sentenza 141/12.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2012.

Demandante: María Cielo Canitrot Janeiro. Procurador: Rainiero Fernández Pérez. Letrado: Javier L. Álvarez Teijeiro. Demandado: Florentino Vieitez Pérez (en rebeldía). (Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito). Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta por María Cielo Canitrot Janeiro contra Florentino Vieitez Pérez e, en consecuencia, declaro que o predio urbano sito en Pontevedra, descrito como «número cinco, piso primeiro esquerda, letra B, destinado a vivenda, situado na primeira planta da casa nesta cidade, rúa Arco, número 10, esquina a rúa Cousiño. Mide setenta e seis metros cadrados de superficie útil, distribuída en vestíbulo, estar-comedor, tres dormitorios, cociña, baño, aseo e corredor distribuidor. Linda pola súa fronte, subindo pola escaleira, relanzo e oco da escaleira, patio de luces e piso primeiro dereita, letra A); dereita entrando nel, con aires da rúa Arco; esquerda, casa número dezasete da rúa de San Xulián e patio das casas números dous e catro da avenida de Buenos Aires, e fondo, casa número 8 da rúa do Arco, esquina á rúa de San Julián. Coeficiente. En relación co total do valor do inmoble, elementos comúns e gastos, correspóndelle a cota de 13,95 euros», é ben privativo da defunta María Maril Leiro, e que o cen por cento do seu pleno dominio integra o caudal sucesorio da citada causante, e que as escrituras públicas do 20 de novembro de 1982 e do 22 de xullo de 1997, achegadas á demanda, son títulos suficientes e bastantes para causar a inscrición do devandito dominio pleno e privativo a favor de María Maril Leiro no Rexistro da Propiedade, con imposición de custas á parte demandada. Notifíquese ás partes. Esta sentenza non é firme e contra ela cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial que deberá interpoñerse ante este xulgado no prazo de 20 días contados desde o día seguinte á notificación daquela. Para a interposición do devandito recurso, deberase acreditar a consignación dun depósito de 50 euros na conta deste xulgado, baixo apercibimento de non admitir a trámite o recurso. Así o acordo, mando e asino, Raquel Fernández Rey, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Santiago de Compostela.

E para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e sirva de notificación en forma ao demandado Florentino Vieites Pérez, en situación de ignorado paradoiro, incomparecido en autos e declarado en situación procesual de rebeldía, expido, asino e selo a presente.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2012

O/A secretario/a xudicial