Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Martes, 15 de xaneiro de 2013 Páx. 1178

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ourense

EDICTO (139/2012).

No procedemento ordinario 139/2012 de referencia ditouse a sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Ourense, 17 de xullo de 2012.

Vistos por min, Eva María Martínez Gallego, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 4, con competencia mercantil, de Ourense, os presentes autos do xuízo ordinario rexistrados co número de 139/2012, dimanante de procedemento monitorio e seguidos ante este xulgado entre partes; dun lado, como parte demandante, Jesús Marquina Fernández e Nemesio Barxa, representados polo procurador Jesús Marquina Fernández e asistidos polo letrado Nemesio Barxa Álvarez, contra José Benito López Morenza e Benito López González, declarados en situación de rebeldía procesual,

Decido que debo aceptar e acepto integramente a demanda interposta polo procurador Sr. Marquina, na representación acreditada contra José Benito López Morenza e Benito López González, e condeno a estes conxunta e solidariamente ao aboamento ao Sr. Marquina da cantidade de 1.855,54 euros, así como ao pagamento a Nemesio Barxa Álvarez da cantidade de 1.249 euros, en concepto de xuros, e 9.744,65 euros de honorarios, todo iso cos xuros legais indemnizatorios da mora desde a presentación da demanda e ata o seu completo pagamento.

Con expresa condena en custas aos codemandados.

Esta sentenza non é firme e contra ela cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Ourense, que se deberá interpor no prazo dos vinte días seguintes ao da súa notificación, conforme o disposto nos artigos 458 e seguintes da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil, tras a reforma pola Lei 37/2011, do 10 de outubro, de medidas de axilización procesual.

De conformidade co establecido na disposición adicional décimo quinta da LOPX, introducida pola LO 1/2009, do 3 de novembro, en caso de ser recorrida a presente resolución, débese constituír depósito na contía prevista na dita norma, salvo os casos exceptuados, na conta de depósitos e consignacións deste xulgado; a parte debe indicar no campo concepto do documento xustificante de ingreso que se trata dun «recurso», coa clave asignada ao presente xulgado.

Así, por esta miña sentenza, da que se expedirá testemuño para a súa unión aos autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E como consecuencia do ignorado paradoiro dos demandados rebeldes Benito López González e José Benito López Morenza, libro este edicto para a notificación da sentenza ditada no procedemento ordinario 139/2012, facéndolles coñecer que contra ela cabe interpor recurso de apelación no prazo de vinte días a partir da súa publicación.

Ourense, 17 de xullo de 2012

O/a secretario/a xudicial