Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Martes, 15 de xaneiro de 2013 Páx. 1176

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense

EDICTO (748/2011).

Manuel Rodríguez Zarraquiños, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense, mediante este edicto, anuncio:

Neste procedemento ordinario 748/2011, seguido por instancia de Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A. fronte a María José Rodríguez Fernández e Miguel Ángel del Río Fernández, ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza.

Ourense, vinte e sete de xullo de dous mil doce.

Vistos por María José González Movilla, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 3 dos de Ourense e o seu partido xudicial, os presentes autos de xuízo ordinario número 748/2011, sobre reclamación de cantidade, promovidos por instancia da entidade Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A., representada polo procurador Sr. Montero Rodríguez e asistida polo letrado Sr. Parga Álvarez, contra María José Rodríguez Fernández e Miguel Ángel del Río Fernández, ambos os dous en situación de rebeldía neste procedemento.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos.

Decido, aceptando a demanda formulada pola representación da entidade Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A. contra María José Rodríguez Fernández e Miguel Ángel del Río Fernández, que debo condenar e condeno os demandados a lle aboar á demandante a cantidade de dezasete mil trescentos vinte e catro euros con noventa e seis céntimos, máis os xuros xerados pola dita cantidade computados na forma pactada no contrato, impoñéndolles expresamente as custas procesuais.

Contra a presente resolución cabe interpor recurso de apelación na forma prevista nos artigos 455 e seguintes da Lei de axuizamento civil.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E encontrándose os ditos demandados, María José Rodríguez Fernández e Miguel Ángel del Río Fernández, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lles sirva de notificación en forma.

Ourense, 27 de xullo de 2012

O secretario xudicial