Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Martes, 15 de xaneiro de 2013 Páx. 1184

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (722/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que por Resolución ditada o día 26.11.2012, no proceso seguido por instancia de José María Pazos Mosquera contra o INSS, a TXSS, a Mutua Galega, o Sergas e Escaleiras Víctor, S.L., en reclamación por seguridade social-incap. pte., se rexistrou co nº 722/2011 e se acordou notificar a Escaleras Víctor, S.L. a decisión da sentenza seguinte:

«Resolvo, rexeitando a demanda interposta por José María Pazos Mosquera contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, que debo absolver e absolvo a parte demandada de todos os pedimentos.

Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme e que fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

E para que lle sirva de notificación a Escaleras Víctor, S.L., en paradoiro ignorado, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e a colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 26 de decembro de 2012

A secretaria xudicial