Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Martes, 15 de xaneiro de 2013 Páx. 1190

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (35/2011).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 35/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Luis Gerardo González Lamelas contra a empresa Cuadernas y Arcos, S.L., Administración Concursal de Cuadernas y Arcos, S.L., Xestión e Desenvolvemento de Suelo Gallego, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 10 de decembro de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 2 (reforzo) da Coruña, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 35/2011, sendo demandante Luis Gerardo González Lamas, representado polo letrado Sr. Orantes Canales, e demandadas a empresa Cuadernas y Arcos, S.L., así como a Administración Concursal da Empresa Cuadernas y Arcos, S.L., e a empresa Xestión e Desenvolvemento de Suelo Gallego, S.L., despois de ser citado, do mesmo xeito, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño:

Que debo estimar e estimo a demanda interposta por parte de Luis Gerardo González Lamas contra a empresa Cuadernas y Arcos, S.L., así como contra a Administración Concursal da Empresa Cuadernas y Arcos, S.L., e contra a empresa Xestión e Desenvolvemento de Suelo Gallego, S.L. e en consecuencia, condeno as entidades Cuadernas y Arcos, S.L. e Xestión e Desenvolvemento de Suelo Gallego, S.L. ao aboamento a favor de Luis Gerardo González Lamas da cantidade de 19.551,76 euros que deben, cantidade que deberá incrementarse co xuro de mora do 10 % respecto dos conceptos de contido estritamente salarial.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíqueselles a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá ser anunciado no prazo dos 5 días seguintes á notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e sirva de notificación a Cuadernas y Arcos, S.L. e Xestión e Desenvolvemento de Suelo Gallego, S.L., expídese o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e a súa fixación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 21 de decembro de 2012

A secretaria xudicial