Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Martes, 15 de xaneiro de 2013 Páx. 1192

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se dispón a notificación da resolución do expediente sancionador por infracción en materia de espectáculos públicos PO-349/12 NL.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle á persoa que a seguir se relaciona, a que non se lle puido facer por correo certificado, a resolución ditada no expediente de multa, por infraccións en materia de espectáculos públicos, cuxo número se cita no anexo.

Contra esta resolución poderá interpoñer o interesado recurso de alzada, perante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación.

Advírtase que, de non ser interposto este en tempo e forma, deberá aboar a multa imposta no período de pagamento voluntario sinalado no boletín de multas e que pode recoller nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a favor do Tesouro da Facenda Galega, na conta restrinxida que consta no devandito boletín, en calquera das oficinas da entidade bancaria Novagalicia Banco, facendo constar o número de expediente sancionador. Transcorrido o dito prazo, procederase ao cobramento pola vía de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Pontevedra, 17 de decembro de 2012

Ramón Pereiro Santín
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nome

DNI/NIF

Nº exp.

Precepto infrinxido

Último enderezo

Resolución

Óscar Barbosa Rodríguez

36125814-J

PO-349/12 NL

Artigo 23.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro

R/ Baiona, 18, 5º D,

36209 Vigo

Multa de 750 €