Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Martes, 15 de xaneiro de 2013 Páx. 1188

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (611/2012).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 611/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Felipe Fernández Rodríguez, Álvaro Costa Pombo contra a empresa Rehabilitaciones Hércules, S.A. sobre despedimento, foi ditada a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 10 de decembro de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 2 (reforzo) da Coruña, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre despedimento 611/2012, no cal son demandantes Felipe Fernández Rodríguez e Álvaro Costa Pombo, asistido o primeiro, e representado o segundo, pola letrada Sra. Rodríguez Viéitez, e demandada a empresa Rehabilitaciones Hércules, S.A., así como a administración concursal da empresa Rehabilitaciones Hércules, S.A., coa representación de Jesús Dosio López, despois de ser citado do mesmo xeito o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Resolvo que debo estimar e estimo a demanda interposta por parte de Felipe Fernández Rodríguez e Álvaro Costa Pombo contra a empresa Rehabilitaciones Hércules, S.A., así como contra a administración concursal da empresa Rehabilitaciones Hércules, S.A., e, en consecuencia, declaro improcedente a extinción do contrato de Felipe Fernández Rodríguez e condeno a empresa demandada a que proceda á extinción da relación laboral, con aboamento a este da cantidade de 6.170,07 euros, en concepto de indemnización, e ao aboamento da cantidade de 4.728 euros, en concepto de salarios debidos e demais conceptos retributivos debidos.

Do mesmo xeito, declaro improcedente a extinción do contrato de Álvaro Costa Pombo e condeno a empresa demandada a que proceda á extinción da relación laboral, con aboamento a este da cantidade de 2.559,6 euros en concepto de indemnización, e ao aboamento da cantidade de 4.240,10 euros en concepto de salarios debidos e demais conceptos retributivos debidos.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado graduado social colexiado, ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non gozar do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Inscríbase no libro rexistro da súa clase.

Así o pronuncio, mando e asino».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e sirva de notificación a Rehabilitaciones Hércules, S.A., expido a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e a súa fixación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 21 de decembro de 2012

A secretaria xudicial