Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Venres, 11 de xaneiro de 2013 Páx. 1013

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (579/2010).

Nas actuacións de recurso de suplicación número 579/2010 IP a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos 562/2008 do Xulgado do Social número 2 de Pontevedra, promovidos por Amparo Vázquez Pintos contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Universal Mugenat, Cableuropa, S.A., sobre accidente, con data de hoxe ditouse a resolución coa seguinte parte dispositiva:

«Resolvemos que, desestimando o recurso de suplicación interposto polo letrado Teodoro Calo Seoane, en nome e representación de Amparo Vázquez Pintos, debemos confirmar e confirmamos a sentenza do 28 de outubro de 2009, ditada polo Xulgado do Social número 2 de Pontevedra nos autos 562/2008, promovidos por Amparo Vázquez Pintos contra Universal Mugenat, Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social nº 10, o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a empresa Cableuropa, S.A.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei reguladora da xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no Banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta corrente desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza, que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírtese a parte en ignorado paradoiro de que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Boletín Oficial da provincia, co fin de que lle sirva de notificación en forma a Cableuropa, S.A., con último domicilio coñecido en Francisco Fernández del Riego número 7, Vigo, expido e asino este edicto.

A Coruña, 14 de decembro de 2012

A secretaria xudicial