Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Venres, 11 de xaneiro de 2013 Páx. 1011

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 1104/2010-RMR).

Sala do Social-Secretaría: Francisco Javier Gamero López-Peláez.

Tipo e nº de recurso: recurso de suplicación 1104/2010-RMR.

Materia: accidente de grao.

Recorrente: José Manuel Rey Pérez.

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Tellagal, S.C.

Xulgado de orixe/autos: Xulgado do Social número 3 da Coruña, demanda 97/2008.

Materia: accidente de grao.

Francisco Javier Gamero López-Peláez, secretario xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber:

Que no procedemento recurso de suplicación 1104/2010, seguido por instancia de Mutua Gallega contra José Manuel Rey Pérez, Instituto Nacional da Seguridade Social e Tellagal, S.C. sobre accidente, foi ditada a seguinte resolución:

«Que, desestimando o recurso de suplicación interposto polo letrado Miguel Blanco Pérez, en nome e representación de José Manuel Rey Pérez, debemos confirmar e confirmamos a sentenza do dezanove de novembro de dous mil nove ditada polo Xulgado do Social número tres da Coruña no proceso nº 97/2008, promovido pola Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a empresa Tellagal, S.C. e o traballador José Manuel Rey Pérez.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na lei da xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentencia».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG, co fin de que sirva de notificación en forma a Tellagal, S.C., con último domicilio coñecido na r/ Manuel Texo, Sta. Cruz de Ribadulla, 1, Vedra, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán no xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 14 de decembro de 2012

O secretario xudicial