Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Venres, 11 de xaneiro de 2013 Páx. 1015

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña

EDICTO (753/2011-F).

No procedemento de referencia foi ditada sentenza do 28 de setembro de 2012 na cal constan os particulares do teor literal seguinte:

«Vistos por min, Marta Canales Gantes, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña, os presentes autos de xuízo verbal, rexistrados co número 753/2011-F, sobre reclamación de cantidade, nos cales é parte demandante Emma Loureda Artero, asistida do letrado José Luis Villar de la Riera, e parte demandada, María Luz Ferreiro Negreira, en situación procesual de rebeldía.

Que, estimando integramente a demanda interposta por Emma Loureda Artero contra María Luz Ferreiro Negreira, en situación procesual de rebeldía, debo condenar e condeno a María Luz Ferreiro Negreira a que aboe a Emma Loureda Artero a cantidade de mil cincuenta euros (1.050), incrementada cos xuros legais correspondentes desde a data de interpelación xudicial.

Corresponde o aboamento das custas á parte demandada.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que contra esta sentenza poderá interporse recurso de apelación ante a Audiencia Provincial da Coruña no prazo dos vinte días seguintes á súa notificación, que se presentará ante este mesmo xulgado con suxeición ao establecido nos artigos 455 e concordantes da Lei de axuizamento civil.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza, da cal se expedirá testemuño para a súa incorporación aos autos.

A maxistrada xuíza».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de María Luz Ferreiro Negreira, expídese o presente edicto, que será entregado á parte demandante para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia ou no Boletín Oficial del Estado, co fin de que se notifique en legal forma á citada demandada, conforme o disposto no artigo 497 da Lei de axuizamento civil.

A Coruña, 28 de setembro de 2012

A secretaria xudicial