Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Mércores, 9 de xaneiro de 2013 Páx. 827

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (770/2010).

Secretaria María Asunción Barrio Calle.

Nas actuacións de recurso de suplicación número 770/2010-PM a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dimanantes dos autos 454/2007-PM do Xulgado do Social número 4 da Coruña, promovidos por María Teresa Blanco González contra a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sobre outros dereitos seguridade social, con data do 11 de decembro de 2012 se ditou a resolución, cuxa parte dispositiva é como segue:

Desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da parte demandante e estimando o recurso de suplicación interposto polo INSS contra sentenza do 2 de setembro de 2009, ditada polo Xulgado do Social número 4 da Coruña, ditada nos autos 454/2009, debemos declarar e declaramos a responsabilidade empresarial en canto á diferenza da base reguladora, sen prexuízo do seu anticipo polo INSS e confirmamos o resto dos pronunciamentos da sentenza contra a cal se recorreu.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no Banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Advírtese a parte en ignorado paradoiro de que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma a Espectáculos Paff, S.L., con último domicilio coñecido no polígono do Tambre, Santiago de Compostela, coa advertencia de que nas seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto o sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 11 de decembro de 2012

A secretaria xudicial