Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Mércores, 9 de xaneiro de 2013 Páx. 829

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (5477/2010).

Francisco Javier Gamero López-Peláez, secretario xudicial da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso suplicación 5477/2010 seguido por instancia de Manuela Crujeiras Ventoso contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social e Hija de Emilio Colomer, S.L. (Pérez Colomer Hermanos) sobre xubilación, se ditou con data 14 de decembro do ano en curso sentenza que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decidimos: estimando o recurso articulado polo Instituto Nacional da Seguridade Social contra a sentenza do Xulgado do Social número 2 de Pontevedra, de data do 30 de setembro de 2010, en autos número 348/09, sobre vellez - SOVI, instados por Manuela Crujieras Ventoso fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a empresa Hija de Emilio Colomer, S.L. (Pérez Colomer Hermanos), revogamos esta resolución declarando que non procede o anticipo da prestación por parte da entidade xestora, mantendo no demais a sentenza de instancia.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e fágaselles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo con disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de procedemento laboral. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, número 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano)».

E, para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a Hija de Emilio Colomer, S.L. (Pérez Colomer Hermanos) actualmente en ignorado paradoiro, con último domicilio coñecido en r/ Portugal, 1, Ribeira, A Coruña, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 14 de decembro de 2012

O secretario xudicial