Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Mércores, 9 de xaneiro de 2013 Páx. 831

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4615/2010 GA).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 4615/2010 GA.

Xulgado de orixe/autos: demanda 1127/2009 do Xulgado do Social número 4 de Vigo.

Recorrentes: Surayma María Amoedo Rodríguez, María Sonia Campos Toucedo, Vanessa Carrera Fernández, Laura Castiñeira Pérez, Vanesa de la Peña Castro, María José Fernández Gallego, María Carmen Garrido Núñez, Rosario María Paredes Abreu, Vanesa Rodríguez Pérez.

Avogada: Rosa María Tarrago Nesta.

Recorridos: Fogasa, Metanor Sociedad Cooperativa Gallega.

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4615/2010-GA desta sección, seguido por instancia de Surayma María Amoedo Rodríguez, María Sonia Campos Toucedo, Vanessa Carrera Fernández, Laura Castiñeira Pérez, Vanesa de la Peña Castro, María José Fernández Gallego, María Carmen Garrido Núñez, Rosario María Paredes Abreu, Vanesa Rodríguez Pérez, contra a empresa Metanor Sociedad Cooperativa Gallega e Fogasa, sobre Fondo de Garantía Salarial, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos que estimando o recurso de suplicación interposto por Mª José Fernández Gallego, Mª Carmen Garrido Núñez, Mª Rosario Paredes Abreu, Vanesa Rodríguez Pérez, Surayma Mª Amoedo Rodríguez, Sonia Campos Toucedo, Vanessa Fernández Carrera, Laura Pérez Castiñeira e Vanessa de la Peña Castro contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 4 de Vigo con data 4.6.2010, debemos revogar e revogamos a dita resolución e con estimación da demanda inicial formulada polas recorrentes, debemos declarar e declaramos o seu dereito ao aboamento das prestacións polo Fondo de Garantía Salarial na contía legalmente procedente, o que condenamos ao seu recoñecemento e aboamento nos termos legalmente procedentes.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta Sala do Social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións desta sala aberta en Banesto co número 1552, debendo indicar no campo concepto «Recurso», seguida do código «35 Social casación». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separado por un espazo, o código «35 Social casación». Se efectuase diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Metanor Sociedad Cooperativa Gallega, actualmente en ignorado paradoiro, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de decembro de 2012

A secretaria xudicial