Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Mércores, 9 de xaneiro de 2013 Páx. 833

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3667/2012).

Francisco Javier Gamero López-Peláez, secretario xudicial desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fai saber que no procedemento de recurso suplicación 3667/2012 desta sección, seguido por instancia de José Antonio Prieto García contra as empresas Logesta Noroeste, S.A.; Comercializadora de Mercancías y Transportes Asociados, S.L. (Comertrans); Distribuciones Vaamonde, S.L.; Comercializadora Lucense de Transportes, S.L.; Depósito Fiscal y Logística, S.L.; Llanera Logística, S.L.U.; Admón. concursal Transportes Visantoña, S.A.; Transportes Visantoña, S.A., Fernando Luis Vaamonde Romero, sobre despedimento disciplinario, se ditou sentenza con data do 28 de novembro de 2012, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decidimos que desestimando o recurso de suplicación interposto por José Antonio Prieto García contra a sentenza de data do 30 de xaneiro de 2012, ditada polo Xulgado do Social número 4 dos da Coruña, en autos seguidos por instancia do recorrente contra as empresas Transportes Visantoña, S.A.; Llanera Logística, S.L.; Distribuciones Vaamonde, S.L.; Depósito Fiscal y Logística, S.L.; Logesta Noroeste, S.A.; Comercializadora de Mercancías y Transportes Asociados, S.L.; Comercializadora Lucense de Transportes, S.L., e contra a administración concursal de Transportes Visantoña e Fernando Luís Vaamonde Romero, sobre despedimento, en que foi parte o Fondo de Garantía Salarial, debemos confirmar e confirmamos na súa integridade a sentenza impugnada.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que, contra esta, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.»

E, para que sirva de notificación en legal forma a Distribuciones Vaamonde, S.L. e Depósito Fiscal y Logística S.L., en ignorado paradoiro e cuxo último domicilio coñecido foi en Bergondo-A Coruña, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de decembro de 2012

O secretario xudicial