Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Mércores, 9 de xaneiro de 2013 Páx. 825

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2012 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas e se convocan as persoas aspirantes pola quenda de promoción interna á realización do primeiro exercicio (probas de lingua galega) do proceso selectivo para cubrir sete prazas da categoría profesional de técnico superior de xestión, grupo I, desta universidade.

Por Resolución reitoral do 26 de xullo de 2012 (DOG do 9 de agosto e BOE do 3 de setembro) convocáronse probas selectivas para cubrir sete prazas da categoría profesional de técnico superior de xestión do grupo I, catro pola quenda de promoción interna e tres pola quenda de acceso libre.

Por Resolución reitoral do 16 de outubro de 2012 (DOG do 2 de novembro) aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas, e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivasen a exclusión.

Rematado o dito prazo e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria, o reitor

RESOLVE:

Primeiro. Declarar aprobadas e facer públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas polas quendas de promoción interna e de acceso libre ás citadas probas.

Segundo. Indicar que as listaxes definitivas de persoas aspirantes admitidas e excluídas están exposta nos taboleiros de anuncios da Reitoría, da Casa da Balconada, do edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros e na web http://www1.usc.es/webpas/

Terceiro. Convocar as persoas aspirantes admitidas pola quenda de promoción interna para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición (probas de lingua galega) o día 5 de febreiro de 2013, ás 10.00 horas, na sala Acces Grid do Edificio Cactus, Campus Vida, Santiago de Compostela.

A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios será efectuada polo tribunal nos locais onde teña lugar o primeiro deles, na Reitoría da universidade e na páxina web http://www.usc.es/gl/goberno/xerencia/selecciondepersoal.html

As persoas aspirantes admitidas pola quenda de acceso libre serán convocadas para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición (probas de lingua galega) mediante resolución reitoral, na cal se indicará o día, a hora e o lugar e que se publicará no DOG.

Cuarto. As persoas aspirantes deberán presentarse para a realización de cada exercicio co DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal. Así mesmo, deberán presentarse provistos do correspondente lapis do número 2 e goma de borrar para a realización dos exercicios tipo test.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2012

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela