Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Mércores, 9 de xaneiro de 2013 Páx. 841

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (955/2011).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 955/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Enrique Triñanes Triñanes contra a empresa Exfoga, S.L., Brauron, S.L., Eduardo M. Debén Probados e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

«Decido que, estimando a demanda interposta polo demandante José Enrique Triñanes Triñanes sobre reclamación de cantidade (salarios) contra as empresas demandadas Brauron, S.L. e Exfoga, S.L., debo condenar e condeno a ambas as empresas a que solidariamente aboen ao demandante a cantidade de cinco mil oitocentos noventa e cinco euros con trinta e dous céntimos (5.895,32 euros) incrementada cos xuros legais do 10 % de demora. Sen prexuízo da responsabilidade legal que poida recaer sobre a Administración concursal de Eduardo M. Debén Probados e a legal subsidiaria do Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) para o suposto de que se declaren insolventes as empresas demandadas.

Notifíquese a presente sentenza ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado, no prazo de cinco días, contados a partir do seguinte ao da notificación desta resolución.

Así, xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Exfoga, S.L., en paradoiro descoñecido, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2012

A secretaria xudicial