Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Mércores, 9 de xaneiro de 2013 Páx. 842

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 2 de xaneiro de 2013, da Secretaría Xeral para o Turismo, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes TU983I 2012/14-4, TU989A 2012/25-4, TU970A 2012/56-1 e TU970A 2012/35-4.

De conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada a notificación polo servizo de Correos, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado pola subdirectora xeral de Xestión, Fomento e Cooperación.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Secretaría Xeral para o Turismo, sita na praza de Mazarelos, nº 15, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2013

Por suplencia (Orde 14.9.2012; DOG núm. 177, do 17 de setembro)
Secretario xeral de Presidencia
Por delegación de sinatura (Resolución 17.9.2012)
Mª Elena Barca Ramos
Subdirectora xeral de Xestión, Fomento e Cooperación

ANEXO

Expediente: TU983I 2012/14-4.

Interesada: Restaurante O Fogón da Ría, S.L.

Acto de notificación: resolución de definitiva de concesión.

Expediente: TU989A 2012/25-4.

Interesada: Hotel Santomé, S.L.

Acto de notificación: resolución de inadmisión.

Expediente: TU970A 2012/56-1.

Interesado: Juan Francisco Boullosa Marcote.

Acto de notificación: resolución de definitiva de concesión.

Expediente: TU970A 2012/35-4.

Interesada: Sonia Casal Ferreira.

Acto de notificación: resolución de inadmisión.