Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Mércores, 9 de xaneiro de 2013 Páx. 840

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (243/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 243/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Bruno Sancho Piñeiro, se ditou a seguinte resolución:

«Decido que debo estimar e estimo a demanda presentada por Bruno Sancho Piñeiro e, en consecuencia, declaro que o demandante ten dereito a percibir a retribución correspondente á categoría de representante, resultando así un importe de 6.915,96 euros polos conceptos reclamados en demanda, a cuxo aboamento ao demandante condeno solidariamente a Grialibros, S.L. e Grace Antonia Nouel Brache. A devandita suma deberá incrementarse cos xuros do artigo 29.3 do ET. Condeno a administración concursal de Grialibros e o Fogasa a estar e pasar por esta resolución e no caso do Fogasa de conformidade co normado no artigo 33 do ET.

Absolvo a Abraxas Aula 25, S.L.

Tense a parte demandante por desistida da acción exercida contra Aula 25, Aula 25 distribuidora, Comercial Ara, S.A., Sálvora Areito, S.A.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe recurso de suplicación que deberá anunciarse no prazo de cinco días desde a notificación desta resolución.

Lévese testemuño desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada-xuíza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Grace Antonia Nouel Grace, en paradoiro descoñecido, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2012

A secretaria xudicial