Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 260/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marta Sesar Segade, ditouse a seguinte resolución:
«Decido que debo estimar e estimo a demanda presentada por Marta Sesar Segade e, en consecuencia, condeno solidariamente a Grialibros, S.L. e Grace Antonia Nouel Brache a aboar á demandante 4.354,47 euros máis os xuros do artigo 29.3 do ET. Condeno a administración concursal de Grialibros e o Fogasa a estar e pasar por esta resolución e no caso do Fogasa de conformidade co normado no artigo 33 do ET.
Absolvo a Abraxas Aula 25, S.L., a Comercial Ara, S.A., Sálvora Areito, S.A. e a entidade Aula Noroeste, S.L. dos pronunciamentos de condena contidos en demanda.
Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe recurso de suplicación que deberá anunciarse no prazo de cinco días desde a notificación desta resolución.
Lévese testemuño desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.
Así o acordo, mando e asino.
A maxistrada-xuíza»
E para que sirva de notificación en legal forma á codemandada Grace Antonia Nouel Grace, en paradoiro descoñecido, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2012
A secretaria xudicial