Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Mércores, 9 de xaneiro de 2013 Páx. 838

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (239/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 239/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Agustín Caamaño Abeijón, ditouse a seguinte resolución:

«Decido que debo estimar e estimo a demanda presentada por Agustín Caamaño Abeijón e, en consecuencia, condeno solidariamente a Grialibros, S.L. e Grace Antonia Nouel Brache a aboar ao demandante 1.884,38 euros máis os xuros do artigo 29.3 do ET. Condeno a administración concursal de Grialibros e o Fogasa a estar e pasar por esta resolución e no caso do Fogasa de conformidade co normado no artigo 33 do ET.

Absolvo a Abraxas Aula 25, S.L. e a entidade Aula Noroeste, S.L. dos pronunciamentos de condena contidos en demanda.

Tense a parte demandante por desistida da acción exercida contra Sálvora Areito, S.A. e Comercial Ara, S.A.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Lévese testemuño desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino. A maxistrada xuíza».

Para que sirva de notificación en legal forma a Grace Antonia Nouel Brache, en paradoiro descoñecido, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2012

A secretaria xudicial