Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Mércores, 9 de xaneiro de 2013 Páx. 851

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Abegondo (expediente IN407A 56/2011).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: adecuación LMTS e CT Limiñón.

Situación: concello de Abegondo.

Características técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, cunha lonxitude de 0,639 km, con condutor RHZ1-2OL-12/20 kV-3(1×240) mm² Al, coa orixe no paso aéreo-subterráneo para realizar en apoio existente nº 52 que se substituirá por un novo apoio na LMT BEG-706, tramo entre a derivada a CT Juan Rozo (expediente 50.945) e o CT Limiñón para suprimir (expediente 17.137), e final en cela de liña do CT Limiñón-Barral (expediente IN407A 2005/278), unha vez entre e saia do CT proxectado. Así mesmo, retirarase o tramo de liña de media tensión aérea entre o apoio nº 52 existente para substituír e o apoio nº 58 existente para substituír, no cal se realizará un novo paso aéreo-subterráneo para conectar coa LMTS a CT Limiñón-Barral (expediente IN407A 2005/278).

Centro de transformación (CT) prefabricado, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V, que substitúe o centro de transformación de tipo caseta de obra civil existente, CT Limiñón (expediente 17.137).

Rede de baixa tensión subterránea, en condutor tipo XZ1-0,6/1 kV, 4 (1×240 Al), cunha lonxitude total de 52 m, composta de dúas saídas desde o CT Limiñón proxectado e con final no apoio nº 4 proxectado, onde se realizarán dous pasos aéreo-subterráneos para conectar coa rede aérea existente.

Por medio da Resolución do 17 de agosto de 2011 desta xefatura territorial someteuse a información pública a solicitude de autorización administrativa, e publicouse a dita resolución no Diario Oficial de Galicia do 12 de setembro e no Boletín Oficial da provincia do 6 de setembro.

Durante o período de información pública presentáronse unhas alegacións por parte de:

Miguel Charlón Varela con data 28.9.2011, que alega, en síntese, o seguinte:

Que dada a inmediatez do soterrado da liña ao domicilio onde vive a súa familia, van estar afectados por niveis de contaminación electromagnética que poden ter consecuencias sanitarias nun futuro irreparables, cita a Resolución do Parlamento Europeo, do 2 de abril de 2009, sobre as consideracións sanitarias relacionados cos campos electromagnéticos, así como a Resolución 1815 da Asamblea Parlamentaria do Consello de Europa aprobada o 27 de maio de 2011 sobre os perigos potenciais dos campos electromagnéticos e os seus efectos no ambiente.

Que o PXOM promovido polo concello non reflectía o verdadeiro trazado da liña.

Con data 4.1.2011 dáse traslado da dita alegación á empresa solicitante, quen responde con data 24.11.2011, en síntese, o seguinte:

Que con data 11.5.2011 o Ministerio de Sanidade e Consumo editou un resumo informativo elaborado a partir do informe técnico realizado polo Comité de Expertos Independentes, co título «Campos Electromagnéticos e saúde pública», así como un informe técnico elaborado polo comité de expertos baixo o título «Avaliación actualizada dos campos electromagnéticos en relación coa saúde pública», de data 1 de setembro de 2003. En ambos os informes, como conclusións, establécese que a exposición a campos electromagnéticos non ocasiona efectos adversos para a saúde, dentro dos límites establecidos na Recomendación do Consello de Ministros de Sanidade da Unión Europea (1999/519/CEE), relativa á exposición do público a campos electromagnéticos de 0Kz. A 300GHz e que o cumprimento da dita recomendación é suficiente para garantir a protección sanitaria dos cidadáns. Polo tanto, a empresa solicitante afirma que esta instalación eléctrica cumpre toda a normativa en materia de seguridade e saúde que se lle poida exixir.

Que o proxecto pretende eliminar a liña eléctrica aérea entre os apoios nº 52 e 58 e o centro de transformación Limiñón existentes, que discorre atravesando unha zona urbanizada, e substituíla pola nova localización do centro de transformación prefabricado Limiñón proxectado, todo iso no intento de eliminar afeccións sobre o territorio.

Con data 26.3.2012 o Concello de Abegondo certifica a existencia dunha alegación por Miguel Charlón Varela ao expediente de referencia, a cal se lle require para a súa remisión a esta xefatura territorial con data 10.4.2012, e que foi remitida o 13.4.2012, alega, en síntese, o mesmo que na anterior alegación recibida, do cal se dá traslado á empresa promotora con data 29.5.2012, a cal resposta con data 11.6.2012, reiterándose no exposto no escrito de data 4.10.2011.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 3 de decembro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña