Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Mércores, 9 de xaneiro de 2013 Páx. 850

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 588/2008).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: recuamento LMTS, CT rúa Enrique Mariñas.

Situación: concello da Coruña.

Características técnicas: liña subterránea a 15 kV de 42 m de lonxitude, condutor 2RHZ1-12/20 kV-3(1×240), coa orixe na LMTS EIR-724 entre os CC.TT. Oficinas Matogrande e Matogrande número 3 e final en CT Enrique Mariñas (proxectado).

Centro de transformación soterrado formado por 2 trafos 630+1.000 kVA, relación de transformación 15.000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situado Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 23 de novembro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña