Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Mércores, 9 de xaneiro de 2013 Páx. 854

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2012/34-2, 8003 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: rúa Cidade de Viveiro, 4, 1º, 27002 Lugo.

Denominación: novas saídas ST Lamas de Prado: LMTS Abella 1 e LMTS Abella 2 e o seu anexo.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas:

LMT Abella 1 e Abella 2 a 20 kV en canalización proxectada, con orixe en dúas celas da ST Lamas de Prado e final en dous empalmes situados nunha arqueta proxectada no linde da ST Lamas de Prado, cada unha das liñas ten unha lonxitude de 114 metros de condutor tipo RHZ1 12/20 kV 2OL (S) 1×240 AI + H16.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 12 de decembro de 2012

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo