Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Martes, 8 de xaneiro de 2013 Páx. 733

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 442-12-M).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que ante este xulgado se tramitan autos co número PO 442/12 por instancia de Ana Isabel Fraga Costa, Yolanda Sánchez Raña, M. Isabel Estraviz Pérez contra Exclusivas Multicentro, S.L., Administración Concursal e Fogasa sobre cantidade, nos que o día 24 de outubro de 2012 se ditou sentenza cuxa parte dispositiva di textualmente:

«Que debo estimar e estimo integramente a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Ana Isabel Fraga Costa, Yolanda Sánchez Raña e María Isabel Estraviz Pérez contra a empresa Exclusivas Multicentro, S.L., e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Exclusivas Multicentro, S.L. a que aboe a cada unha das demandantes as seguintes cantidades:

– A Ana Isabel Fraga Costa: 4.032,85 €.

– A Yolanda Sánchez Raña: 3.320,49 €.

– A María Isabel Estraviz Pérez: 3.129,22 €.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Se o recurso é interposto pola parte demandada non se admitirá sen a consignación previa do importe da condena que deberá ingresar na conta do Xulgado do Social número cinco da Coruña, máis 300 € do depósito especial indicado no artigo 229.1 a) da LRXS. Ambos os ingresos deberán efectuarse por separado, e a empresa poderá substituír o importe da consignación pola constitución a disposición deste xulgado de aval bancario por tempo indefinido e con responsabilidade solidaria do avalista.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que conste e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa demandada Exclusivas Multicentro, S.L. con apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado excepto as que revistan forma de emprazamentos, sentenzas e autos, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 17 de decembro de 2011

María Jesús Hernando Arenas
Secretaria xudicial