Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Martes, 8 de xaneiro de 2013 Páx. 731

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1147/2011).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de oficio sobre autoridade laboral 1147/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia da Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social da Coruña contra a empresa Hermenegildo Ferreiro Domínguez, Adesuwa Sandra Omeunu, Fátima Soto Puente, Samaris Magdalis Caraballo Veloz, Yurenni Arisleida Caraballo Ramírez, Maritza Flores Jiménez, Arisleida Yurenni Caraballo Ramírez, María Auxiliadora Eyeng Mba, Catalina Raducan, Marieta Paraschiva, Narcisa Aparecida Costa, María Julia Medina Felipe, Alexandra Honoria da Silva, sobre procedemento de oficio, ditouse a seguinte sentenza:

Que debo admitir e admito a demanda que de oficio foi interposta pola Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social da Coruña e, en consecuencia, debo declarar e declaro a natureza laboral da relación existente entre a empresa Hermenegildo Ferreiro Domínguez e as traballadoras Adesuwa Sandra Omeunu, Fátima Soto Puente, Samaris Magdalis Caraballo Veloz, Yurenni Arisleida Caraballo Ramírez, Maritza Flores Jiménez, María Auxiliadora Eyeng Mba, Catalina Raducan, Marieta Paras Chiva, Narcisa Aparecida Costa, María Julia Medina Felipe e Alexandra Honoria da Silva.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

O citado recurso non se admitirá sen a consignación previa na conta do Xulgado do Social número 5 da Coruña, aberta no grupo Banesto, máis 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229 da LRXS. Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Adesuna Sandra Omeunu, Fátima Soto Puente, Samaris Magdalis Caraballo Veloz, Yurenni Arisleida Caraballo Ramírez, Maritza Flores Jiménez, Maritza Flores Jiménez, Catalina Raducan, Marieta Paraschiva, Narcisa Aparecida Costa, María Julia Medina Costa e Alexandra Honoria da Silva, en ignorado paradoiro, estendo e asino o presente edicto.

A Coruña, 17 de decembro de 2012

A secretaria xudicial