Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Martes, 8 de xaneiro de 2013 Páx. 729

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (315/2012).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 315/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Fernández García contra a empresa Plásticos Touro, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

«Decido que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por José Fernández García, contra a empresa Plásticos Touro, S.L. e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que a demandante foi obxecto en data do 6 de febreiro de 2012, condenando a que a entidade Plásticos Touro, S.L., no prazo de cinco días desde a data de notificación da sentenza, opten entre a readmisión inmediata da demandante, nas mesmas condicións que rexían con anterioridade ou ben ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 25.173,06 euros, con aboamento, en ambos os dous casos, dos salarios de tramitación desde a data do despedimento, ata a notificación desta resolución, que ascenden 39,02 euros diarios.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por José Fernández García, contra a entidade Plásticos Touro, S.L., e en consecuencia, debo condenar e condeno a Plásticos Touro, S.L., a que aboe á demandante a cantidade de 5.044,04 euros brutos, polos salarios percibidos entre outubro de 2011 e o 6 de febreiro de 2012, e a compensación económica de vacacións non gozadas no ano 2012, incrementadas no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais.

Sen imposición da multa coercitiva interesada á entidade demandada, de conformidade co previsto nos artigos 66.3 e 97.3 da Lei reguladora da xurisdición social.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado co número 47570000, código 36 e número de expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese ao destinatario, Plásticos Touro, S.L., que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de decembro de 2012

A secretaria xudicial