Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Martes, 8 de xaneiro de 2013 Páx. 735

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (957/2011).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 957/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Luz López Fernández contra Fonte Sacra, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, ditouse sentenza cuxo ditame é o seguinte:

«Que, estimando a demanda presentada por María Luz López Fernández contra a empresa Fonte Sacra, S.L. e contra o Fogasa, debo condenar e condeno a demandada a aboar á demandante a cantidade de 6.113,64 euros, máis os xuros de demora. Absolvo o Fogasa sen prexuízo da ulterior responsabilidade que puidese ter nos casos legalmente previstos.

Notifíquese esta sentenza aos representantes legais das partes, coa advertencia de que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dentro dos cinco días seguintes ao da súa notificación, por conduto deste xulgado, ante o que deberá ser anunciado tal propósito mediante comparecencia ou por escrito e cos demais requisitos exixidos no artigo 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social».

E para que sirva de notificación en forma a Fonte Sacra, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente.

Lugo, 14 de decembro de 2012

O secretario xudicial