Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Luns, 7 de xaneiro de 2013 Páx. 553

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Pontevedra

EDICTO (770/2010).

Sandra Pérez López, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Pontevedra, mediante este anuncio:

No presente procedemento ordinario 770/2010 seguido por instancia de Inturasa Pérez Rumbao, S.A. fronte a Roberto Martínez Mejueiro ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza: 103/2012.

Xuíz que a dita: Indalecio Conde González.

Lugar: Pontevedra.

Data: vinte e dous de xuño de dous mil doce.

Demandante: Inturasa Pérez Rumbao, S.A.

Avogada: Irene Santana Carnero.

Procurador: José Manuel Domínguez Lino.

Demandado: Roberto Martínez Mejueiro.

Procedemento: procedemento ordinario 770/2010.

Antecedentes de feito

Primeiro. O procurador José Manuel Domínguez Lino, en nome e representación de Inturasa Pérez Rumbao, S.A., interpuxo demanda de xuízo ordinario contra Roberto Martínez Meijueiro en que lle reclamaba cantidades debidas.

Segundo. Emprazado o demandado en legal forma, este deixou transcorrer o prazo que se lle concedera sen contestar á demanda polo que foi declarado na situación de rebeldía procesual.

Terceiro. Convocadas as partes á oportuna audiencia previa, celebrouse o día e á hora sinalados, e propostos e admitidos os medios de proba que se estimaron procedentes practicáronse estes co resultado que figura en autos.

Fundamentos de dereito

Primeiro. A demandante Inturasa Pérez Rumbao, S.A., dedicada á compravenda de vehículos industriais e comerciais, á reparación destes e á venda de accesorios, reclama ao demandado Roberto Martínez Meijueiro, dedicado ao transporte, a cantidade de 20.300 euros pola reparación de tractocamión e 1.371,63 euros por gastos de devolución de efectos mercantís con fundamento en contrato de arrendamento de obra celebrado entre ambas as partes.

O demandado, emprazado en legal forma, non compareceu dentro do prazo para contestar á demanda e, por conseguinte, declarouse na situación de rebeldía procesual.

Segundo. O pactado polas partes é un contrato de arrendamento de obra regulado nos artigos 1543, 1544, 1588, seguintes e concordantes do CC e normativa administrativa aplicable.

Da proba documental achegada á demanda resulta:

1. O demandado Roberto Martínez Meijueiro encargou á demandante a reparación do seu tractocamión matrícula 2624TXN.

2. A demandante reparou o vehículo e foi retirado polo demandado.

3. O prezo da reparación ascendeu a 20.300 euros e a devolución dos efectos mercantís por non pagamento causou un gasto de 1.371,63 euros e a suma de ambas as dúas cantidades é de 21.671,63 euros reclamados na demanda.

Os anteriores feitos están xustificados pola orde de reparación, factura de reparación, recibos impagados e gastos de devolución.

Executada a reparación do tractocamión pola demandante e non acreditado o pagamento polo demandado, este vén obrigado a aboar o prezo da reparación máis gastos de devolución, a teor do disposto nos artigos 1543, 1544, 1588, seguintes e concordantes do CC e o xuro do artigo 7 da Lei do 29 de decembro de medidas de loita contra a morosidade, considerando así totalmente a demanda.

Terceiro. Admitida a demanda, as custas impóñenselle ao demandado segundo o disposto no artigo 394 da LAC.

Decido que, estimando a demanda formulada polo procurador dos tribunais José Manuel Domínguez Lino, en nome e representación de Inturasa Pérez Rumbao, S.A. contra Roberto Martínez Meijueiro, debo condenar e condeno o demandado a que lle aboe a demandante a cantidade de 21.671,63 euros e o xuro sinalado na fundamentación xurídica desta resolución, con imposición ao demandado das custas.

Contra esta sentenza cabe recurso de apelación ante este xulgado no prazo de vinte días.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E encontrándose o devandito demandado, Roberto Martínez Mejueiro, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Pontevedra, 14 de novembro de 2012

A secretaria xudicial