Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Luns, 7 de xaneiro de 2013 Páx. 556

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (589/2012).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 589/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rosa María López Sabio contra a empresa Graublan Ibérica, S.L., sobre despedimento, ditouse a seguinte sentenza.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Rosa María López Sabio, contra a empresa Graublan Ibérica, S.L., e en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que a demandante foi obxecto o 17 de abril de 2012, e debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía as partes, desde a data da presente resolución, ao ter sido pechada a anterior entidade, e condeno a entidade Graublan Ibérica, S.L., ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 676,51 euros, máis ao aboamento dos salarios de tramitación entre a data do despedimento e a presente resolución, cuantificados a razón de 13,53 euros diarios e, polo tanto, 3.206,61 euros.

Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Rosa María López Sabio, contra a entidade Graublan Ibérica, S.L., e en consecuencia, debo condenar e condeno a Graublan Ibérica, S.L., a que aboe á demandante a cantidade de 120,69 euros brutos, pola diferenza na liquidación da nómina de abril de 2012 (8 días), e a compensación económica de vacacións non gozadas no mesmo ano, incrementadas no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais. Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado co número 47570000, código 36 e número expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo. Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación á empresa Graublan Ibérica, S.L., expido e asino o presente.

A Coruña, 14 de decembro de 2012

A secretaria xudicial