Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Luns, 7 de xaneiro de 2013 Páx. 558

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (25/2010).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no presente procedemento se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución se reproducen integramente e que son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 30 de novembro de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, en funcións de reforzo, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 25/2010, sendo demandante Eugenio García Boullosa, representado polo letrado Sr. Pena Díaz, e demandada a empresa León Javier Romero Torán, despois de ser citado, da mesma maneira, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), coa representación da letrada Sra. Abajo Lera.

Dispoño:

Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda interposta por Eugenio García Boullosa contra a empresa León Javier Romero Torán e, en consecuencia, condeno esta última a aboarlle a Eugenio García Boullosa a cantidade de 7.154,96 euros que lle debe, cantidade que deberá incrementarse co xuro de demora do 10 %.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá ser anunciado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que conste, expídese o presente co fin de que sirva de notificación á empresa León Javier Romero Torán, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 14 de decembro de 2012

A secretaria xudicial