Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Luns, 7 de xaneiro de 2013 Páx. 560

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (828/2011).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que no presente procedemento se ditou sentenza, cuxo encabezamento e ditame se reproducen integramente e que son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 30 de novembro de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 (reforzo) da Coruña, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 828/2011, sendo demandante José Calvelo Gende, representado polo letrado Sr. Pérez López, e demandada a empresa Construcciones Cauto Calvo, S.L., despois de ser citado, da mesma maneira, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa),

Dispoño:

Que debo estimar e estimo a demanda interposta por José Calvelo Gende contra a empresa Construcciones Couto Calvo, S.L., e, en consecuencia, condeno a empresa demandada a aboar a José Calvelo Gende a cantidade de 4.397,79 euros que lle debe, cantidade que deberá incrementarse co xuro de demora do 10 %.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá ser anunciado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que conste, expídese o presente co fin de que sirva de notificación a Construcciones Couto Calvo, S.L., actualmente en paradoiro descoñecido, para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 14 de decembro de 2012

A secretaria xudicial