Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Luns, 7 de xaneiro de 2013 Páx. 562

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (446/2011).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 446/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Matilde Pérez Fernández-Pintado contra o Concello de Santiago de Compostela, Infantilandia, S.L., o Fondo de Garantía Salarial, Campa Formación e Intervención Socioeducativa, S.L., Arasti Barca Ma, S.L., Evenculsa, S.L., sobre reclamación de dereito (indefinición/cesión ilegal) e cantidade (salarios), ditouse a seguinte resolución:

«Decido que debo estimar e estimo a demanda presentada por Matilde Pérez Fernández-Pintado e, en consecuencia, apreciando a existencia da cesión ilegal invocada na demanda, declaro que a traballadora ten a condición de traballadora indefinida non fixa do Concello de Santiago de Compostela, cunha antigüidade desde o 31 de outubro de 1999, cunha categoría de coordinadora do centro sociocultural (grupo A2, nivel 20).

Condeno a Arasti Barca Ma, S.L. e o Concello de Santiago de Compostela, solidariamente, a aboar á demandante 33.431,38 euros en concepto de diferenzas retributivas percibidas desde o 1 de febreiro de 2010 ata o 31 de marzo de 2012, importe que deberá incrementarse cos xuros do artigo 29.3 do ET, con condena a aboar á demandante as diferenzas retributivas que se perciban desde a devandita data ata a adecuación da súa retribución ao grupo e nivel económico anteriormente sinalado.

Condeno as empresas Infantilandia, S.L., Campa Formación e Intervención Socioeducativa, S.L. e Evenculsa, S.L. a estar e pasar pola presente resolución.

Non procede realizar nesta instancia condena ao Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada-xuíza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Infantilandia, S.L. e Evenculsa, S.L., en paradoiro descoñecido, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de decembro de 2012

A secretaria xudicial