Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Luns, 7 de xaneiro de 2013 Páx. 564

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (38/2012).

Declaración de insolvencia.

Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela (A Coruña).

Fai saber que na execución seguida neste xulgado co número 38/2012, por instancia de Macarena Vidal Piñeiro, contra o executado Manuel José Blanco Sayans, sobre reclamación de cantidade, ditouse o día 13 de decembro de 2012 decreto de insolvencia no sentido de declarar o executado en situación de insolvencia total, por importe de 16.775,74 euros de principal, máis 1.677,57 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional. E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido o presente para a súa inserción no Boletín Oficial del Registro Mercantil.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2012

A secretaria xudicial