Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Luns, 7 de xaneiro de 2013 Páx. 565

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (112/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 112/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Josefa Arcos Ordóñez contra a empresa Mercado Tropical, S.L., o Fogasa, Kilo Grill, S.L. e Districard Santiago, S.L., ditouse a seguinte resolución:

«Decido que debo estimar e estimo a demanda presentada por María Josefa Arcos Ordóñez contra Mercado Tropical, S.L., Kilo Grill, S.L. e Districard Santiago, S.L. e, en consecuencia, condeno as demandadas solidariamente a aboar á demandante 6.540 euros en concepto de diferenzas retributivas desde o mes de agosto de 2010 ao mes de xullo de 2011, ambos os dous inclusive, e liquidación de vacacións, suma que deberá incrementarse co xuro do artigo 29.3 do ET. Non procede efectuar nesta instancia pronunciamento de condena do Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade de conformidade co establecido no artigo 33 do ET.

Notifíquese a presente resolución ás partes e ao Fogasa facéndolles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada-xuíza».

E para que sirva de notificación a Mercado Tropical, S.L., Kilo Grill, S.L. e Districard Santiago, S.L., expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2012

A secretaria xudicial