Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Luns, 7 de xaneiro de 2013 Páx. 566

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifican os acordos de iniciación de expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos (OU-E-313/12 e outros).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas que se relacionan no anexo que se xunta os acordos de iniciación recaídos nos expedientes sancionadores por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación.

A competencia para impoñer esta clase de sancións correspóndelles aos xefes territoriais da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, segundo o Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, desenvolvido polo Decreto 360/1996, do 26 de setembro, de atribución aos órganos da Comunidade Autónoma de Galicia do exercicio da potestade sancionadora en materia de espectáculos públicos, en relación co artigo 29.1º.d) da LOSC e a disposición transitoria primeira do Decreto 245/2009, do 30 de abril, polo que se regulan as xefaturas territoriais da Xunta de Galicia (DOG 1.5.2009).

Infórmase que, de conformidade co establecido no artigo 135 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e nos artigos 3, 18 e 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora (Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto), contan cun prazo de quince días hábiles contados desde a publicación para exercer perante a instrutora o dereito de audiencia e formular alegacións, así como examinar o expediente nestas dependencias. Igualmente, poderán exercer o dereito de recusación nos casos e na forma prevista no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A tramitación do expediente realízase na oficina desta xefatura territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, sita na avda. da Habana, nº 79, 2º, de Ourense.

No suposto de non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo indicado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

Ourense, 19 de decembro de 2012

Luis Juan Ortiz Álvarez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Número de expediente: OU-E-313/12.

NIF: 34145787E.

Denunciado: Jorge Fernández Rodríguez.

Enderezo: rúa Cervantes, nº 16, baixo, A Terrachá, Entrimo (Ourense).

Establecemento: Tropical.

Precepto infrinxido: artigo 23.o) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei 4/1997.

Número de expediente: OU-E-314/12.

NIF: Y2326801-C.

Denunciado: Yokaury Carolina Burgos León.

Enderezo: rúa Brasil, nº 1, soto, O Carballiño (Ourense).

Establecemento: Sótano.

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei 4/1997.

Número de expediente: OU-E-315/12.

NIF: 76729940P.

Denunciado: Roberto Cid Domínguez.

Enderezo: rúa Tomás Mª Mosquera, nº 25, B, O Carballiño (Ourense).

Establecemento: Principal.

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei 4/1997.

Número de expediente: OU-E-316/12.

CIF: B32407009.

Denunciado: Ocio Arenteiro, S.L.

Enderezo: rúa Chamoso Lamas, nº 16, A-B, baixo, O Carballiño (Ourense).

Establecemento: Musk.

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei 4/1997.

Número de expediente: OU-E-317/12.

NIF: B32404899.

Denunciado: Dobarro y Casas, S.L.

Enderezo: rúa Chamoso Lamas, nº 14, O Carballiño (Ourense).

Establecemento: Greasse.

Precepto infrinxido: artigo 23.o) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei 4/1997.