Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Luns, 7 de xaneiro de 2013 Páx. 551

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4424/12 IP).

Francisco Javier Gamero López-Peláez, secretario xudicial da sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento recurso suplicación 4424/2012 desta sección, seguido por instancia de José Manuel Bastón Cadabón, Natividad Martínez Cadabón, María Carmen Cadabón Padín, contra a empresa Fogasa, Elaborados Cadabón, S.L., sobre despedimento disciplinario, foi ditada a seguinte resolución:

«Decidimos:

Desestimando o recurso de suplicación interposto por José Manuel Bastón Cadabón, Natividad Martínez Cadabón e María del Carmen Cadabón Padín contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 3 de Vigo, do 29.5.2012, en autos 211/2012, sobre despedimento, instados polos recorrentes contra a empresa Elaborados Cadabón, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, confirmamos a resolución de instancia. Débese dar aos depósitos e consignacións, se os houber, o destino legal correspondente.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de procedemento laboral. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 300 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 35 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, despois de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento».

E para que sirva de notificación a Elaborados Cadabón, S.L. con último domicilio coñecido no lugar de Cunchido de Arriba, Darbo, 13, Cangas, Pontevedra.

A Coruña, 14 de decembro de 2012

O secretario xudicial