Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Venres, 4 de xaneiro de 2013 Páx. 373

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (1127/2011).

Procedemento: divorcio contencioso 1127/2011 CL.

Sobre: divorcio contencioso.

De: Salomé Liduvina Romero Cali.

Procuradora: Mª Paz Barreras Vázquez.

Avogada: Marta Comesaña Pequeño.

Contra: Luis Gonzalo Aconga Chiliquinga.

Sarai Paniagua Acera, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, por medio do presente,

Anuncio:

No presente procedemento de divorcio número 1127/2011, seguido por instancia de Salomé Liduvina Romero Cali fronte a Luis Gonzalo Aconga Chiliquinga, ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza número 642.

Vigo, doce de decembro de dous mil doce.

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo e o seu partido, viu os autos seguidos neste xulgado baixo número 1127/2011 sobre disolución por matrimonio por divorcio, actuando como demandante Salomé Liduvina Romero Cali, representada pola procuradora dos tribunais Paz Barreras Vázquez e con asistencia letrada de Marta Comesaña Pequeño, contra Luis Gonzalo Aconda Chiliquinga, declarado en situación de rebeldía procesual, e no cal interveu o Ministerio Fiscal, sobre a base dos seguintes:

(Seguen antecedente de feito e fundamentos de dereito)

Decisión:

Na demanda interposta pola procuradora dos tribunais Sra. Barreras Vázquez, en nome e representación de Salomé Liduvina Romero Cali, contra Luis Gonzalo Aconda Chiliquinga, declarado en situación de rebeldía procesual, estimo esta e declaro disolto, por divorcio, o matrimonio formado polos referidos cónxuxes, con todos os efectos legais inherentes á dita declaración, e realizo os seguintes pronunciamentos:

Primeiro. Os fillos do matrimonio quedarán baixo a garda e custodia da Sra. Romero Cali, sen prexuízo da patria potestade compartida por ambos os dous proxenitores; o pai poderá relacionarse cos seus fillos nos termos establecidos no fundamento de dereito cuarto da presente resolución.

Segundo. O Sr. Aconda Chiliquinga aboará en concepto de alimentos para os seus fillos a cantidade de 200 euros mensuais, que deberá ingresar dentro dos cinco primeiros días de cada mes e na conta que para o efecto designe a nai. A dita cantidade actualizarase anualmente conforme a variación que experimente o índice de prezos de consumo que fixe o Instituto Nacional de Estatística ou organismo que o substitúa.

Ambos os dous proxenitores satisfarán por metade os gastos extraordinarios que xeren os menores, entre os que se inclúen os médicos e farmacéuticos non cubertos polo sistema sanitario público.

Terceiro. O uso da vivenda e enxoval familiar atribúese á Sra. Romero Cali.

Non procede facer especial pronunciamento sobre as custas.

Firme que sexa esta resolución, comuníquese ao Rexistro Civil onde consta a inscrición do matrimonio, co fin de que se proceda á súa anotación marxinal, deixándose constancia de tal circunstancia nos autos.

Modo de impugnación: recurso de apelación no prazo de vinte días desde a notificación desta resolución ante a Audiencia Provincial.

O dito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 LAC).

E encontrándose o dito demandado, Luis Gonzalo Aconga Chiliquinga, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Vigo, 13 de decembro de 2012

A secretaria xudicial