Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Venres, 4 de xaneiro de 2013 Páx. 372

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ferrol

EDICTO (384/2012).

José Miguel Regueiro Pérez, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ferrol, mediante este anuncio:

«No presente procedemento de divorcio 384/2012 seguido por instancia de Ana María Martínez Blanco fronte a Eder Eurípides Feliciano ditouse sentenza o 10 de outubro de 2012, cuxo ditame é como segue:

Ditamino que admito a demanda presentada por Ana María Martínez Blanco contra Eder Eurípides Feliciano e declaro resolto por divorcio o matrimonio por eles contraído o 30.4.2009 en Ferrol, inscrito no seu rexistro civil no tomo 118, páxina 111, da sección 2ª.

Non procede realizar condena en custas.

Contra esta sentenza pode interpoñerse recurso de apelación que se interpoñerá, ante este mesmo xulgado, no prazo de vinte días.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E encontrándose o devandito demandado, Eder Eurípides Feliciano, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ferrol, 11 de outubro de 2012

José Miguel Regueiro Pérez
Secretario xudicial