Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Venres, 4 de xaneiro de 2013 Páx. 370

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2012 pola que se contrata persoal laboral fixo na categoría profesional de técnico superior de investigación, animalario de produción, da Universidade de Santiago de Compostela (USC), en virtude de probas selectivas, polas quendas de promoción interna e de acceso libre, convocadas pola Resolución do 30 de xaneiro de 2012 (DOG do 15 de febreiro e BOE do 5 de marzo).

De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico superior de investigación, animalario de produción, grupo I, polas quendas de promoción interna e de acceso libre, convocadas pola Resolución do 30 de xaneiro de 2012 (DOG do 15 de febreiro e BOE do 5 de marzo), comprobado que a persoa aspirante reúne os requisitos exixidos na base 2 da convocatoria,

O reitor, de conformidade co disposto no artigo 87 j) dos Estatutos da USC,

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar a proposta feita polo tribunal cualificador e contratar como persoal laboral fixo na categoría de técnico superior de investigación, animalario de produción, o aspirante que superou o proceso selectivo pola quenda de promoción interna e que se relaciona no anexo desta resolución.

Segundo. A persoa seleccionada formalizará o seu contrato no Servizo de Xestión de Persoal, situado na Casa da Balconada (Rúa Nova nº 6, Santiago de Compostela) no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor un recurso potestativo de reposición no prazo de un mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2012

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Categoría laboral: técnico superior de investigación, animalario de produción.

Posto: responsable do Animalario de Produción e Benestar Animal.

Quenda: promoción interna.

Número de orde: 1.

Apelidos e nome: Méndez Figueiras, José María.

DNI: 34255439-K.